martes, 20 de decembro de 2016

Expertos en Anatomía e coidado do corpo humano

Despois de moito traballo e esforzo os nenos e nenas de primeiro conseguiron o seu "Carné de expertos en anatomía e coidado do corpo humano".

Uffffffff!!!!!!! Canto traballamos para conseguilo!!! Aprendemos as partes do corpo nas tres linguas que estudamos, os ósos do corpo e moitas curiosidades sobre eles, os músculos que forman o noso corpo e o seu funcionamento, os aparatos máis importantes do corpo humano (circulatorio, respiratorio, dixestivo...), a importancia de seguir unha dieta adecuada, a pirámide alimenticia, os hábitos de vida saudables...

E deste xeito os profesores foron poñendo cuños en cada apartado ata que esta semana conseguimos completalos todos e ser EXPERTOS!!!

Deixámosvos algunhas fotos dese momento no que todos nos puxemos moi contentos.

Deste xeito dimos por concluído este primeiro proxecto sobre o corpo humano, co broche final da motivación que supoñía ir conseguindo pouco a pouco os cuños que nos acreditaban como expertos. 

Gracias a todos os que fixéchedes posible o desenvolvemento deste proxecto. 













Cociñeiros de primeira

Despois de traballar a importancia de seguir unha dieta equilibrada e saudable, esta semana decidimos facer un taller de cociña utilizando froita. 

Pasamos unha tarde moi divertida facendo formas coa froita todos xuntos. 

Unha forma diferente de relacionarnos e aprender a importancia de comer de forma sana e equilibrada. 




















luns, 19 de decembro de 2016

Visita Real

Hoxe cando chegamos ao colexio compartimos un momento todos xuntos e pouco despois decidimos escribir a carta para os Reis Magos.
Tratábase dunha carta especial porque non pediamos cousas para nós solo, senón que tamén pensamos desexos para facer este mundo un pouco mellor. 

A verdade é que foron unhas cartas verdadeiramente preciosas. 






Pero o mellor veu despois cando nos dispuxemos a tirar as cartas nun buzón para despois entregarllas aos paxes reais... e ao chegar á biblioteca.... estaban os Reis Magos en persoa!!!!!
Pasamos un rato moi agradable con eles, preguntamos algunhas dúbidas que tiñamos, pedimos algúns agasallos especiais...

Deixámosvos as fotos dese bonito momento...