domingo, 16 de outubro de 2016

Aprender facendo

Un dos principais obxectivos que nos propuxemos este ano é que para aprender os nenos deben experimentar e facer aquelo do que falan. 
Na materia de Matemáticas traballamos conceptos como grande, mediano, pequeno, moito, pouco, máis que, menos que, enriba, debaixo, dentro, fóra...
Para iso utilizamos obxectos e realizamos comparacións e actividades con eles, porque non hai mellor forma de aprender que xogando un pouco. 
Deixámosvos algunhas fotos de diferentes días nos que traballamos estes conceptos.