mércores, 30 de novembro de 2016

Celebramos o cumple de Olivia e de Teba

Hoxe estiveron de aniversario as nosas compañeiras Teba e Olivia. 
Nada máis chegar ao cole cantámoslles para felicitalas e entregámoslles un Diploma firmado por todos os nenos e nenas da clase. 
Despois no recreo compartimos un riquísimo bizcocho que troxeron e puideron poñer o tan desexado sombreiro dos cumpreanos. 

PARABÉNS ÁS DÚAS!!





Chegou o Nadal

O venres pasado comezamos a decorar o colexio porque o Nadal xa está aquí e temos que telo todo ben preparado. 
Entre todos e con axuda dos profes puxemos a árbore de Nadal e a decoramos con moito cariño e coidado. 
Pouco a pouco, nos próximos días, seguiremos poñendo aínda máis bonito se cabe o noso cole. 















Finalmente colocamos a estrela da árbore e pedimos un desexo.





luns, 28 de novembro de 2016

Thanksgiving Day

Last week we celebtrated Thanksgiving Day, what a wonderful tradition!! We learned about its history, did you know the first time this celebration took place was in 1620? But we also had time to say thank you to the ones we love the most, our families and friends, so we sang a beautiful song. Besides, we created some turkeys, the typical dish in Thanksgiving, and we wrote on the feathers why we are thankful for. We can´t wait until next year to celebrate this day again!!






domingo, 27 de novembro de 2016

Bambán viaxa con Nicolás

Esta semana Bambán viaxa a casa de Nicolás. 
Noraboa Nico! Esta semana merecías moito que Bambán estivese contigo toda a fin de semana. 


venres, 25 de novembro de 2016

Visítanos unha dentista

Hoxe visitounos María Vilouta, unha dentista especializada no traballo con nenos, que nos explicou moitas cousas sobre os dentes e o seu coidado. 

Pasamos con ela un rato moi agradable coñecendo os aparatos que hai nunha clínica dental, os tipos de dentes, o seu coidado, a formación das caries...






María explicounos como debemos cepillar os dentes e todos practicamos. 











Despois fixemos un pequeno experimento e María comprobou se todos cepilláramos ben os nosos dentes. 
Tratábase dun flúor azul que tiñe os dentes en aquelas partes nas que non están limpos... 
Así aprendemos que debemos ter máis coidado á hora de cepillarnos, e rímonos moito vendo as nosas bocas tinguidas de azul. 








Despois de cepillar os dentes e eliminar toda a cor azul, volvemos a clase e María regalounos unhas pequenas caixiñas para gardar os dentes cando se nos caigan! Que sorte tivemos!





E para rematar fixemos unha foto con María á que lle agradecemos moito a súa visita e todas as cousas que nos ensinou. 

Volve cando queiras María! Eres sempre benvida no noso cole!