mércores, 2 de novembro de 2016

Concerto Didáctico "Pitusa Semifusa"

Esta mañá os nenos e nenas de quinto e sexto de Educación Infantil e os de primeiro de Educación Primaria fixemos unha pequena saída ao Auditorio de Galicia, na nosa cidade. 
Entre moitos nervios subimos ao autobús e chegamos ao Auditorio.
Aprender a través da música é un dos recursos máis motivadores que existen e hoxe os nosos cativos coñeceron as tres familias de instrumentos mentres xogaban, bailaban e cantaban. 

Compartimos con vós algunhas fotos. Esperamos que vos gusten.