sábado, 12 de novembro de 2016

O Magosto 11-11-2016

Como parte da nosa metodoloxía creemos que as celebracións e conmemoracións de datas importantes son fundamentais no traballo con nenos. 

O traballo previo de preparación, os lazos que se establecen entre eles e cos mestres nos momentos de ocio, a realización de actividades que se saen do habitual e en definitiva a posibilidade de pasar un rato agradable xuntos é o máis importante. 

A tarde de onte foi un claro exemplo de que con pouco se pode facer moito. 
Manualidades, comida, diversión, xogos, compartir, descubrir, experimentar, coñecernos... ese é o resumo dunha maravillosa tarde na que pequenos e maiores o pasamos estupendamente!