venres, 24 de febreiro de 2017

Chegou o Entroido!

Estes días foron moi festivos no noso colexio porque levamos toda a semana vestindo prendas especiais para celebrar estas datas tan sinaladas do calendario, e esta tarde puxemos o punto final cunha pequena festa de disfraces.

O máis importante é que os disfraces foron feitos polos nenos; os profesores axudamos coas tarefas máis difíciles como cortar as bolsas, pero o traballo foi feito por eles que son uns modistos e modistas de primeira! E é que neste colexio facemos de todo...!!

Comezamos a tarde xogando todos xuntos e compartindo un momento diferente e moi divertido. 



Despois puxémonos moi guapos e guapas!!!!















Chegaron as familias coas que bailamos e rimos un rato e rematamos a tarde comendo os doces típicos da nosa terra que tanto gustan a todos. 






Bo Entroido a todo o mundo!!!! Vémonos á volta!!!!

Vuelve pronto Araceli

Después de tres meses con nosotros, hoy nos ha tocado despedirnos de la profe Araceli que ha terminado su período de prácticas.

Pronto volverá para visitarnos pero hoy nos hemos despedido y le hemos dado muchos besos y abrazos. 

¡Vuelve pronto Araceli!






Diplomados en lectura

Como parte de las actividades que realizamos para el fomento de la lectura, cada niño tiene un pasaporte en el que registra a diario qué es lo que ha leído en casa y que luego al llegar al colegio le sellamos como recompensa y reconocimiento de su trabajo. 



¡Hoy tenemos el orgullo y placer de anunciar que tenemos un pequeño - gran lector en nuestra clase que es Martín!

Gracias a su constancia y perseverancia, ha sellado por completo su pasaporte y por ello hoy a recibido un diploma que acredita su gran mérito.





¡Enhorabuena Martín! Nos gusta ver como en nuestra clase el hábito por la lectura se va forjando día a día. 


O Meco manda - Venres 24 de febreiro

mércores, 22 de febreiro de 2017

Regulamos as emocións

Hoxe seguimos con Draco e as súas historias. 
Resulta que Draco enfádase con moita facilidade e moitas veces non escoita o que lle din os demais, e o que é peor, tampouco da tempo a explicarse aos que o rodean. 

É por iso que imaxinamos diferentes situacións e reflexionamos sobre as diferentes formas de reaccionar ante elas. 

Podemos reaccionar como un rato e non afrontar o problema; ser un dragón, enfadarnos e reaccionar pegando e berrando, ou ser unha curuxa, observar e dialogar...




O Meco manda - Mércores 22 de febreiro


martes, 21 de febreiro de 2017

3, 2, 1... ACCIÓN!

Hoxe comezamos coa parte final do noso proxecto, que é plasmar todo o que aprendemos nun programa de televisión feito por nós mesmos. 

Con moita paciencia e case coma profesionais auténticos comezamos no noso estudio de grabación a realizar probas de imaxe, son, traballamos a expresión oral, a importancia dos movementos do corpo...

Todos uns expertos!









O Meco manda - Martes 21 de febreiro