venres, 31 de marzo de 2017

mércores, 29 de marzo de 2017

A importancia da expresión oral

Como xa explicamos noutras ocasións, un dos obxectivos que nos propoñemos desde o principio cos nosos nenos e nenas é o traballo da expresión oral. 

Neste caso estivemos describindo paisaxes; nun primeiro lugar falamos de como facelo, xa que antes de nada debemos ofrecerlles as ferramentas para aprender a facelo. 
Unha vez que este proceso estivo comprendido comezamos a practicar, porque para mellorar a nosa fluidez e coherencia falando non hai nada mellor que falar! Primeiro entre os membros do equipo cooperativo e unha vez repartidas as partes que cada un iba a explicar, diante de toda a clase.

Traballar este tipo de experiencias desde o principio é fundamental para que a expresión oral mellore pouco a pouco.








luns, 27 de marzo de 2017

Outra súper lectora na clase!


Hoxe Julia rematou o seu pasaporte de lectura e levou un novo para seguir anotando os libros que vai descubrindo. 

Noraboa Julia!


domingo, 26 de marzo de 2017

Entrenamos oídos e ollos...

Durante toda a semana realizamos diferentes actividades con relación ao novo proxecto iniciado, co fin de traballar a observación e a escoita activa cos nosos nenos. 

Observar unha fotografía, reflexionar sobre o que nos aporta, ao que nos lembra, aprender a escoitar, reflexionar porque é importante escoitar aos demais...

Pequenos detalles que aportan valores e recursos aos nosos pequenos para camiñar pola vida. 

Todo este traballo queda reflexado nun porfolio, que é un documento persoal que elabora cada neno, no que se rexistra o proceso de aprendizaxe que vai realizando. 
Trátase dunha ferramenta de avaliación na que se recolle información sobre os logros de aprendizaxe dos nenos e que lles permite autoavaliarse, reflexionar sobre o que están aprendendo (metacognición) e plasmar o que finalmente consideran que aprenderon (evidencias). 

Deixámosvos algunhas fotos para que vaiades vendo o seu traballo...






















xoves, 23 de marzo de 2017

Novo membro no clube lector

Un novo compañeiro rematou o seu pasaporte lector e recibiu un novo. Cada semana aumentamos o número de súper lectores do noso clube. 

Noraboa Mateo!


mércores, 22 de marzo de 2017

Viaxe ao Reino das Emocións e a Fundación Meniños

Como xa vos contamos ao principio do trimestre, o proxecto das emocións que levamos a cabo foi unha proposta que recibimos por parte da Fundación Meniños e que acollemos con moita curiosidade e ilusión. 

Despois destes meses traballando con Draco aprendemos moitísimas cousas sobre o control das emocións e o autocoñecemento. 

Estamos moi contentos de ver que nos mencionan no seu blogue. 

Deixámosvos o enlace para que votedes unha ollada ao marabilloso traballo que realizan.

martes, 21 de marzo de 2017

Apadriñamento lector

Onte recibimos a visita dos alumnos de segundo da ESO do Seminario Menor que de novo viñeron ao noso cole para contarnos contos e pasar unha tarde agradable todos xuntos. 

Antes de nada firmamos un contrato no que nos comprometemos a contar un conto bonito, e pola outra a escoitar e estar moi atentos. 






Unha vez todos apadriñados cada grupo moveuse libremente polo centro para escoller o lugar adecuado e ler o libro escollido. 

Resultou un momento moi relaxante e tranquilo no que pequenos e maiores disfrutaron da experiencia. 










Moitísimas gracias polo voso esforzo e dedicación! Volvede cando queirades! Estaremos encantados de recibirvos. 

luns, 20 de marzo de 2017

Ponte en sus zapatos

Hoy hemos empezado un nuevo proyecto en el cole... 
¡Qué emoción ver las caras de los niños al ver el cole de nuevo decorado de una forma diferente!
Tras un rato de experimentación y vivencia reflexionamos juntos sobre lo que creían que íbamos a trabajar. 

En las próximas semanas nos pondremos en los zapatos de esas personas tan importantes en la vida de todos nosotros y que son los abuelos, de ahí el título del nuevo proyecto. 

Os iremos contando poco a poco nuestros avances y vivencias... os dejamos un avance fotográfico aunque al final de todo el proceso podréis ver con más detalle todo. 

Esperamos que os gusten. 








domingo, 19 de marzo de 2017

9, 8, 7, 6... chega unha viaxe en familia!

O pasado venres visitamos o Conservatorio Histórico de Santiago para asistir a unha sesión musical na que cativos e maiores participaron e pasaron un rato moi agradable. 

A través da música de diferentes partes do mundo fixemos un pequeno recorrido xeográfico no que xogamos, bailamos, cantamos, melloramos a nosa atención e nos divertimos por enriba de todo!

Gracias a todos pola vosa participación e asistencia!