mércores, 31 de maio de 2017

A nosa horta

Onte recollemos os primeiros resultados da nosa horta e que ilusión nos fixo! 

Pola tarde viñeron catro avós e avoas da residencia que revisaron o proceso de crecemento das nosas plantas e nos indicaron que xa podiamos recoller as leitugas. 

Ademais podamos as tomateiras e colocamos paos máis grandes porque xa medraron moitísimo!





Aproveitando que aínda nos quedan unhas semaniñas de curso, hoxe pola tarde plantamos catro máis que coidaremos con moito cariño e esmero para que crezan igual de ben que as anteriores. 

Canto estamos a aprender con esta hortiña tan chula que temos no colexio!




martes, 30 de maio de 2017

Visita da ONCE

Hoxe o noso colexio recibiu unha visita moi especial; Carmen e Marian, dúas persoas traballadoras da ONCE, acercáronse ata o noso centro para contarnos moitas cousas e facernos entender como é a súa vida. 

Chegaron a media mañá e entre moita espectación e curiosidade nos contaron moitas cousas; empezaron explicándonos por que usan un bastón e como se debe mover para que sexa verdadeiramente útil. 
Ademais fixemos unha práctica co bastón que nos serviu para decatarnos da dificultade que ten o seu uso. 



Continuaron explicándonos como se debe coller a unha persoa invidente para guiala, axudala a cruzar a rúa...
Tamén practicamos este aspecto e ademais aprendemos a importancia deste xesto que aporta seguridade e tranquilidade á persoa que non pode ver.

Despois coñecemos o traballo dos cans guía a través dun vídeo que nos explicaba desde onde nacen, se crían, como os escollen, como os educan ata o traballo que deben desenvolver como guías dunha persoa invidente. 
Tamén coñecemos o braille e puidemos ver algúns libros escritos deste xeito; por outro lado comentamos que produtos coñeciamos que estivesen adaptados a este tipo de escritura e falamos das mediciñas, dalgúns envases de comida, xeles de baño...


Tamén tivemos a oportunidade de percibir as cores; decimos percibir porque as persoas invidentes non poden saber como é a cor vermella, verde... pero si que poden asociar dita cor ao olor das fresas, da menta... por esta razón, con ollos tapados tratamos de adiviñar as cores segundo o olor que tiñan os rotuladores. 



Resultou ser unha mañá moi intensa na que aprendemos moitas cousas da vida dunha persoa que non pode ver e na que sobre todo nos concienciamos da importancia de pensar nos demais, naqueles que teñen máis dificultades e que precisan do noso apoio como sociedade. 

Moitas gracias á ONCE pola súa colaboración porque gracias a eles hoxe os nenos e nenas de primeiro aprenderon unha lección moi importante de igualdade, respecto e tolerancia. 

luns, 29 de maio de 2017

Visita ao aeródromo militar

Hoxe visitamos o aeródromo militar de Santiago de Compostela.
Ao chegar ao colexio desplazámonos en autobús ata as instalacións do exército de aire da nosa cidade e alí tivemos a sorte de ver unha avioneta, subirnos en ela e coñecer máis de cerca aspectos aviación como as partes do avión. 





























Despois visitáronnos os bombeiros do parque do propio aeroporto. Resultou xenial ver como utilizaban as mangueiras do camión, coñecer todos os aparatos que utilizan, ver de cerca os seus traxes... e por último, subirnos ao seu camión e velo por dentro!






















Moitas gracias a todos por facer posible que os nenos e nenas disfruten deste tipo de experiencias e coñezan máis de cerca profesións tan importantes para todos nós!