xoves, 9 de novembro de 2017

Os dentes

O seguinte paso dentro do proxecto foi aprender os tipos de dentes que temos na boca, a función de cada un deles e o seu proceso de nacemento, algo que nos axuda moito para que os nenos e nenas destas idades entendan que está a acontecer coa súa boca. 

Agora xa sabemos onde están os incisivos, os caninos, os premolares, os molares... 

Por suposto, tamén falamos da importancia do coidado dos dentes, de cantas veces temos que cepillalos ao día e como facelo.

https://photos.app.goo.gl/SrWKAXYwnO2wEqJu1
Fai clic na imaxe para ver máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario