mércores, 8 de novembro de 2017

Traballando coa tableta

En clase de Ciencias Sociais andamos a traballar os días da semana, os meses do ano, as estacións... 

Nesta ocasión tocounos facer unha actividade en Samsung School e despois enviarlla á profe; pouco a pouco imos aprendendo máis funcións do noso dispositivo que ademáis dos contidos, é algo que agora mesmo ten prioridade sobre o resto. 

E para ser o primeiro día non o fixemos nada mal...