martes, 9 de xaneiro de 2018

Educación Emocional

Hoxe comezamos a desenvolver un novo proxecto de Educación Emocional da man da Fundación Meniños, que nos proporcionan o material para levalo a cabo. 

Foi un día moi especial porque puidemos coñecer a Draco, que é un pequeno dragón que ten certos problemas coas súas emocións. Xunto a el e a súa historia aprenderemos a xestionar as nosas propias emocións e a expresar o que nos pasa. 

Hoxe comezamos co enfado, contando que cousas nos fan sentirnos enfadados e que cousas nos pasan cando estamos nese estado. 

Seguiremos contándovos que lle pasa a Draco e como evolucionamos neste amplio e complicado mundo das emocións. 

Deixámosvos algunhas fotos desta primeira sesión.