xoves, 11 de xaneiro de 2018

Paisaxe de Aprendizaxe

Esta semana comezamos unha nova unidade didáctica en Ciencias da Natureza que ten como eixe conductor as plantas e as súas características principais.

Aproveitando este tema decidimos levar a cabo un novo método de traballo: as "Paisaxes de Aprendizaxe". Trátase dunha forma diferente de programar os contidos a traballar, tendo en conta as Intelixencias Múltipes e a Taxonomía de Bloom.
Xustificación pedagóxica da Paisaxe de Aprendizaxe.

Deste xeito, preséntase aos nenos un percorrido cunha serie de actividades de diferente tipo, tendo en conta o antes mencionado, e son eles mesmos os que deciden que percorrido realizar no seu proceso de aprendizaxe e cal é o obxectivo final.

Paisaxe de Aprendizaxe.


No noso caso comezamos realizando unha actividade todos xuntos e despois, por equipos de aprendizaxe cooperativa, foron resolvéndoa.

Tomar decisións, elexir o camiño a seguir, coñecer o proceso de aprendizaxe, superar retos, traballar en equipo e tamén de forma individual...

O resultado foi moi positivo xa que todos querían continuar facendo actividades do percorrido e a súa motivación estaba presente na aula.

Seguirémosvos contando a evolución desta nova metodoloxía que de seguro, non será a única vez que a desenvolvamos.

Deixámosvos algunhas imaxes da sesión desta semana

https://photos.app.goo.gl/gJvf6MdGDrVCRlTr1
Fai clic na imaxe para ver máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario