xoves, 1 de marzo de 2018

As rúas de compostela

Esta semana continuamos traballando sobre a historia da nosa cidade e como esta evolucionou co paso do tempo.

Empezamos por analizar un plano aproximado da cidade nos séculos XIV - XV, ver o percorrido da muralla e o acceso polas sete portas, para despois analizar os diferentes barrios nos que se agrupaban os gremios de traballadores. 


O feito de analizar a distribución da cidade deunos pé para falar dos mercados da cidade, a afluencia de peregrinos que xa naquela época había, da importancia destas peregrinaxes, dos distintos comercios que se realizaban na cidade, do crecemento que tivo máis adiante fóra da muralla, de diferentes profesións que non coñeciamos, realizar comparacións coa actual cidade...

Desta actividade sacamos moitas conclusións, que por suposto despois reflexamos no noso porfolio, realizando a metacognición oportuna tras cada actividade. 


E despois de coñecer a cidade fai seiscentos e entender un pouco mellor a súa evolución, comezamos a traballar sobre un plano da actual cidade. 

Traballando nos nosos equipos cooperativos descubrimos diferentes monumentos e lugares interesantes e importantes de Compostela, que despois explicamos aos demais

https://photos.app.goo.gl/Ac1gyS8zL9WEmEpa2
Fai clic na imaxe para ver máis. 

Comezamos lendo uns códigos QR coas nosas tabletas, identificando os edificios e despois buscando a súa localización no plano. Por último, explicamos aos nosos compañeiros os lugares que nos habían tocado e contamos algunhas curiosidades dos mesmos coa axuda da profe. 

Nunhas semanas trataremos de coñecelos todos ou case todos en directo para poder realizar o produto final do noso proxecto, que xa vos contaremos nuns días, e é que como todos sabedes, ao rematar os nosos proxectos sempre tratamos de aportar algo aos demais a partir do aprendido.

Dalgún xeito, intentamos que o noso proxecto chegue a alguén máis e non se quede solo na clase, e de momento xa temos decidido o que faremos, e nestes días remataremos de perfilar como o faremos. Deixámosvos coa intriga.