xoves, 12 de abril de 2018

A nosa horta

Despois dun longo inverno que se resiste a marchar, onte comezamos a traballar na nosa horta. 
Que ilusión, levabamos tanto tempo esperando...!

Comezaron os nenos e nenas de primeiro arrancando as herbas da metade da horta que había na terra e limpándoa ben; despois engadiron abono para que os nosos cultivos crezan con forza...

Despois tocoulle aos nenos e nenas de segundo que fixeron o mesmo na outra metade da horta.

Por último, e entre tormenta e tormenta, conseguimos facer uns buratiños na horta e entre as dúas clases plantar unhas fresas.

Pronto continuaremos cos nosos cultivos, cando o tempo mellore e o sol volva a visitarnos. 

Fai clic na imaxen para ver máis.