mércores, 11 de abril de 2018

Tarde de música e xogos

O martes pola tarde fixemos moitas cousas divertidas no cole. 

Comezamos traballando a educación auditiva na clase de música, diferenciando sons longos de sons curtos, e tamén sons fortes de sons débiles. 

Despois aprendemos un baile para facer en parellas e que pronto vos ensinaremos a todos, e despois tocamos os instrumentos. En equipo tivemos que crear un ritmo usando negras e blancas, e despois facelo diante de toda a clase, dando a entrada e marcando o pulso. 

Bailamos en parellas. 

Creamos ritmos traballando en equipo. 





Rematamos a tarde xogando ao "Escondite inglés" e ao "Pasimisí".

Aprendemos novos xogos. 



Vir ao cole é moi divertido!

Ningún comentario:

Publicar un comentario