martes, 17 de abril de 2018

Visitamos o CGAC

Hoxe visitamos o Museo Galego de Arte Contemporáneo da nosa cidade os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria.

Cando chegamos dividíronnos en dous grupos e xunto coa nosa guía visitamos todo o museo e fixemos un taller. A verdade é que foi moi divertido e nos explicaron en que consiste isto da arte contemporánea, que así de primeiras parece tan rara, pero que en canto te paras a observala empeza a coller sentido...

Rebeca, a nosa guía, axudounos a entender como pintar un cadro abstracto, como as formas xeométricas, esas que traballamos en mates tamén poden ser arte, como mirar unha escultura, como posar para unha foto e porque facelo... que interesante isto da arte!

E despois de tanto percorrido fixemos un taller no que nós mesmos fomos os artistas, e tivemos que facer unha serie de obras de arte con diferentes materiais e de diversas formas.

Unha experiencia diferente que nos fixo aprender cousas novas e apreciar outro tipo de arte que non sempre está tan ao noso alcance. Deixámosvos unhas fotos para que vexades que ben o pasamos!

Fai clic na imaxe para ver máis.