xoves, 5 de abril de 2018

Visitamos a zona vella

Unha das saídas que tiñamos pendentes dentro do noso proxecto era visitar a zona vella da cidade, e por fin esta semana o tempo nos deu unha tregua e poidemos comezar o noso camiño. 

E decimos o noso camiño porque por unha tarde convertémonos en peregrinos exploradores e saímos a percorrer a cidade en busca de todo aquelo que habiamos estudado na clase. 

Despois de recoller a nosa credencial e completala adecuadamente dispuxémonos a camiñar. 

Credencial de peregrino explorador. 

O noso reto era contestar a unha serie de acertixos e se os resolviamos conseguíamos unha pegatina para a nosa credencial. Ao final da tarde, se tiñamos todas as pegatinas podiamos conseguir a Mini Compostela de Peregrinos Exploradores. 

Así que durante toda a tarde camiñamos pola cidade en busca das nosas pegatinas, traballando en equipo e esforzándonos moito para recoñecer os edificios da nosa cidade. 

Pensamos que poder experimentar e vivenciar todo aquelo que se traballa na aula é a mellor forma para aprender e para consolidar todo aquelo que previamente foi traballado na aula. 

Así, pouco a pouco, o noso segundo proxecto deste curso vai chegando ao seu fin... 

Fai clic na imaxe para ver máis.