xoves, 24 de maio de 2018

Tardes de ciencia 3

Onte tivemos unha nova tarde de ciencia na que aprendemos algunhas propiedades da auga como a cohesión e a adhesión, pero sempre a través da práctica e a experimentación.

Tamén aprendemos como transportan a auga as plantas polo seu interior e o que é a tensión superficial da auga e como rompela. 

A través da realización de pequenos experimentos, que os nenos e nenas poden reproducir na casa, probando, facendo suposicións e predicindo acontecementos, traballamos o noso pensamento e a nosa capacidade de predicir situacións á vez que nos divertimos xogando. A ciencia mola, e esta é a mensaxe coa se quedan os nosos peques con estas tardes de ciencia divertida

https://photos.app.goo.gl/OGxXBCq3lX70nirX2
Fai clic na imaxen para ver máis.

martes, 22 de maio de 2018

Os medios de comunicación

Continuamos investigando e aprendendo cousiñas no noso proxecto, especialmente a pensar. Hoxe estivemos falando sobre os medios de comunicación e como estes cambiaron as nosas vidas. Ademais falamos das semellanzas e as diferentes entre os medios de comunicación antigos e modernos e reflexionamos un pouquiño sobre a grande evolución que sufriron. 

Rematamos plasmando as ideas aprendidas nun mural. 

Deixámosvos algunhas fotografías. 

Fai clic na imaxe para ver máis. 

venres, 18 de maio de 2018

Habilidades socioemocionais

Hoxe na clase traballamos as nosas habilidades socioemocionais, tratando de poñernos en diferentes situacións e pensando como se comportaban as persoas das que falabamos. 

Intentamos ver se eran ratos que fuxen dos problemas, dragóns que se enfadan e non controlan as súas emocións ou cerebros, que pensan e tratan de buscar unha solución a través do diálogo. 

Deste xeito, pouco a pouco aportamos certas estratexias aos pequenos para que aprendan a afrontar  os problemas e adversidades que vaian atopando. 





Nenobot

Esta semana Nenobot viaja a casa de Hugo. 
Enhorabuena Hugo!


Os medios de transporte

Esta semana traballamos os medios de transporte. Comezamos realizando unha rutina de pensamento nova que se chama "Compara e Contrasta" e que consiste en realizar unha comparación de semellanzas e diferenzas entre os medios de transporte antigos e os modernos. 

Aínda que ao principio nos costou un pouquiño pensar nas similitudes e diferenzas, finalmente os peques conseguiron aportar boas ideas. Deste xeito, pouco a pouco, aprendemos a pensar e a reflexionar sobre os asuntos que nos propoñen e nun futuro serán capaces de facelo por eles mesmos sen dificultade. 

Despois fixemos un mural no que clasificamos os antigos e os modernos. Unha tarde de traballo moi produtiva. Deixámosvos algunhas fotos. 

Fai clic na imaxe para ver máis. 

xoves, 17 de maio de 2018

Letras Galegas 2018

Hoxe é o Día das Letras Galegas, e por esa razón durante a pasada semana e esta, na clase traballamos un pouquiño a vida e obra de María Victoria Moreno. 

Coñecemos a súa procedencia, a que se dedicaba e algúns dos seus libros de literatura infantil máis importantes. 

Coñecer aos autores que escribiron e escriben na nosa lingua é un dos obxectivos deste curso e por iso os peques de 1º traballaron moito nas clases de lingua galega. 

Deixámosvos algunhas fotos. 

 
Fai clic na imaxe para ver máis. 

mércores, 16 de maio de 2018

Nuevos súper lectores

Poco a poco todos los niños y niñas de primero van terminando su pasaporte de lectura. 
¡Enhorabuena chicos! ¡Buen trabajo!






martes, 15 de maio de 2018

Aprendemos a investigar

A semana pasada tivemos que traballar un pouquiño na casa, buscando información sobre un invento que nos gustaría coñecer. Cada neno elexíu o invento que máis lle apetecía e coa axuda da familia contestou a unhas preguntas sobre el.

Hoxe na clase contamos aos nosos compañeiros a información que buscamos e explicamos de onde proviñan os inventos elexidos. Algúns incluso se animaron a facer o invento na casa!

Comparamos as datas de creación e observamos cales eran os máis antigos, sorprendímonos coas ideas dos inventos e sobretodo aprendemos a respectar aos nosos compañeiros mentres expoñían o seu traballo. Todos uns profesionais!

Fai clic na imaxe para ver máis. 

luns, 14 de maio de 2018

Metacognición intermedia

O noso proxecto continúa e estivemos reflexionando sobre todo o que levamos traballado e aprendido.

Por esta razón, fixemos unha actividade de metacoginición individual que despois compartimos con todos. Reflexionamos sobre o que aprendemos, o que nos resultou máis difícil, o que máis nos gustou e maneiras ou cousas que podemos facer para aprender mellor.

Os peques fixérono xenial e cada día as súas reflexións son máis conscientes. Bo traballo!






Tardes de ciencia 2

A semana pasada vivimos outra tarde de ciencia. Comezamos descubrindo o funcionamento dos imáns, xogando con eles e vendo como reaccionan entre eles. 

Tamén encendimos unha vela sen chegar a tocala e fixemos unha especie de arco da vella que nos permitui aprender que os líquidos teñen diferentes densidades e gracias a esta non se chegan a mesturar. 

Deixámosvos algunhas fotos e proximamente un vídeo do proceso e a reacción dos pequenos. Anímámosvos a que practiquedes a facelos na casa con eles. 


https://photos.app.goo.gl/pZiyy74cvvcueVsl1
Fai clic na imaxe para ver máis.

martes, 8 de maio de 2018

Aprendemos jugando

Hoy en clase de Lengua Castellana hemos aprendido a jugar al TUTIFRUTI. 

Es un juego que consiste en escribir un nombre de persona, de animal, un color, una comida o bebida y un lugar que empiecen por la letra acordada por todos. 

A la vez que practicamos nuestra escritura, estamos trabajando nuestra imaginación, creatividad y divirtiéndonos. ¡A los peques les ha gustado mucho y repetiremos!








sábado, 5 de maio de 2018

Nenobot

Esta semana Nenobot viaxa a casa de Xoana.

Noraboa!


Os inventos do día a día

O noso proxecto continúa e ao longo desta semana ademais de recibir a visita dunha experta, estivemos aprendendo a investigar. 

O noso traballo tivo varias partes. Comezamos descubrindo por equipos que obxectos nos tocaba investigar, e para iso fixémolo tratando de adiviñar cales eran tocando dentro dunha bolsa.


Despois a profe deunos algunha información dos inventos que nos tocaran e xunto coa que trouxemos da casa, gracias á colaboración de papá e mamá, comenzamos a nosa investigación. Resulta un pouco difícil saber qué información é a que se debe elexir entre tanta letra e algunhas palabras algo difíciles, por iso empezamos tratando de responder ás preguntas concretas que se nos pedían.


A actividade tiña por obxectivo que dun xeito guiado, poidésemos contestar ás tres preguntas que se nos propoñían:

- Quen o inventou ou descubriu e cando?

- Como se lle ocorreu a idea?

- Para que serve?

A verdade é que para ser a primeira vez que o faciamos saíu bastante ben. Agora que xa sabemos investigar, na casa tócanos continuar con este traballo de descubrir cousas interesantes dos obxectos do nosos día a día, e apreciar a todas esas persoas que normalmente dun xeito anónimo, cambiaron as nosas vidas. 

Deixámosvos algunhas fotos das sesións do mércores e o xoves. 

Fai clic na imaxe para ver máis. 



venres, 4 de maio de 2018

Nuestro huerto crece

Ayer nos visitaron nuestros amigos de la Residencia DomusVi de San Lázaro. Era la primera vez que venían a nuestra clase y estábamos un poco nerviosos, pero la verdad es que en cuánto nos conocimos se nos pasó un poco y lo pasamos genial con ellos.




Al llegar nos enseñaron cómo se deben plantar las plantas que habíamos elegido y nos dieron varios consejos para que nuestro huerto crezca sin problemas.

Después nos acompañaron y explicaron en el propio huerto cómo llevar a la práctica la teoría, y con ellos plantamos acelgas y perejil.

Finalmente nos despedimos para que nuestros compañeros de segundo pudiesen plantar el resto de cosas que habíamos elegido como lechugas, patatas, tomates...

Muchas gracias por visitarnos y compartir un ratito de vuestro tiempo con nosotros. ¡Volved siempre que queráis!

Haz clic en la imagen para ver más. 

mércores, 2 de maio de 2018

Nuevos lectores

Entre la semana pasada y esta muchos de los niños de clase terminaron su segundo pasaporte y por ellos recibieron el último de este curso y su merecido premio. 

Os dejamos algunas fotos. ¡Buen trabajo chicos!



martes, 1 de maio de 2018

Tardes de ciencia - Visita dunha experta

Ao longo de todo este proxecto dedicado aos inventos tamén faremos algúns experimentos para demostrar certos aspectos da física e da química que foron descubertos por moitas persoas ao longo dos anos. Serán as nosas tardes de ciencia.

Onte visitounos Saínza, unha experta en química e enxeñería medio ambiental, e que nos explicou moitas cousas interesantes sobre o traballo nun laboratorio. Ademáis fixo algúns experimentos e nos contou cousas moi interesantes.

Deixámosvos algunhas fotos da sesión de hoxe e da semana pasada. Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós.

Fai clic na imaxe para ver máis.