martes, 15 de maio de 2018

Aprendemos a investigar

A semana pasada tivemos que traballar un pouquiño na casa, buscando información sobre un invento que nos gustaría coñecer. Cada neno elexíu o invento que máis lle apetecía e coa axuda da familia contestou a unhas preguntas sobre el.

Hoxe na clase contamos aos nosos compañeiros a información que buscamos e explicamos de onde proviñan os inventos elexidos. Algúns incluso se animaron a facer o invento na casa!

Comparamos as datas de creación e observamos cales eran os máis antigos, sorprendímonos coas ideas dos inventos e sobretodo aprendemos a respectar aos nosos compañeiros mentres expoñían o seu traballo. Todos uns profesionais!

Fai clic na imaxe para ver máis. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario