xoves, 17 de maio de 2018

Letras Galegas 2018

Hoxe é o Día das Letras Galegas, e por esa razón durante a pasada semana e esta, na clase traballamos un pouquiño a vida e obra de María Victoria Moreno. 

Coñecemos a súa procedencia, a que se dedicaba e algúns dos seus libros de literatura infantil máis importantes. 

Coñecer aos autores que escribiron e escriben na nosa lingua é un dos obxectivos deste curso e por iso os peques de 1º traballaron moito nas clases de lingua galega. 

Deixámosvos algunhas fotos. 

 
Fai clic na imaxe para ver máis.