sábado, 5 de maio de 2018

Os inventos do día a día

O noso proxecto continúa e ao longo desta semana ademais de recibir a visita dunha experta, estivemos aprendendo a investigar. 

O noso traballo tivo varias partes. Comezamos descubrindo por equipos que obxectos nos tocaba investigar, e para iso fixémolo tratando de adiviñar cales eran tocando dentro dunha bolsa.


Despois a profe deunos algunha información dos inventos que nos tocaran e xunto coa que trouxemos da casa, gracias á colaboración de papá e mamá, comenzamos a nosa investigación. Resulta un pouco difícil saber qué información é a que se debe elexir entre tanta letra e algunhas palabras algo difíciles, por iso empezamos tratando de responder ás preguntas concretas que se nos pedían.


A actividade tiña por obxectivo que dun xeito guiado, poidésemos contestar ás tres preguntas que se nos propoñían:

- Quen o inventou ou descubriu e cando?

- Como se lle ocorreu a idea?

- Para que serve?

A verdade é que para ser a primeira vez que o faciamos saíu bastante ben. Agora que xa sabemos investigar, na casa tócanos continuar con este traballo de descubrir cousas interesantes dos obxectos do nosos día a día, e apreciar a todas esas persoas que normalmente dun xeito anónimo, cambiaron as nosas vidas. 

Deixámosvos algunhas fotos das sesións do mércores e o xoves. 

Fai clic na imaxe para ver máis. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario