A nosa metodoloxía


APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS

A principal metodoloxía na que nos baseamos é a Aprendizaxe baseada en Proxectos. Este enfoque busca mellorar as condicións de aprendizaxe, convertendo aos alumnos en protagonistas da súa aprendizaxe a través das tarefas integradas no proxecto.

Ao igual que outras metodoloxías que pertencen aos modelos sociais de aprendizaxe (Joyce y Weil, 2002), a aprendizaxe baseada en proxectos senta as súas bases en pedagoxías activas, e segundo diversos autores, nace no movemento de renovación pedagóxica denominado Escola Nova e se nutre do construtivismo. 

Tal e como postulou John Dewey "a única maneira de aprender é facéndoo", e esta é a premisa básica do traballo a realizar. Potenciar a reflexión e a creatividade, así como a autonomía e iniciativa dos alumnos son outros dos principios que engloban este tipo de aprendizaxe.

Ademais, son numerosas as vantaxes deste tipo de metodoloxía, e por esa razón defendemos e desenvolvemos este tipo de aprendizaxe:

-      Facilita a inclusión e a atención á diversidade.

-      Fomenta o traballo colaborativo e cooperativo para construír o coñecemento.

-      Incrementa a motivación dos estudantes.

-      Promove o desenvolvemento das habilidades sociais e comunicativas.

-      Conecta a aprendizaxe académica coa aprendizaxe informal.

-      Permite o uso creativo da tecnoloxía

-      Desenvolve o pensamento complexo. (Railsback, 2002).

APRENDIZAXE COOPERATIVA

Integrado na Aprendizaxe baseada en Proxectos desenvólvese tamén o Modelo de Aprendizaxe Cooperativa, co que se pretende que a través do traballo en pequenos grupos os alumnos traballen xuntos e maximicen a súa propia aprendizaxe e a dos outros.
A través do traballo en grupo conseguen adoptar uns obxectivos comúns e obter resultados beneficiosos para todos.
As vantaxes deste tipo de metodoloxía son claras e moi beneficiosas para todo o alumnado, asegurando unha adecuada atención á diversidade da aula.
-     Desenvolve actitudes positivas cara a aprendizaxe. 

-     Promove as relacións entre os alumnos. 

-     Desenvolve habilidades interpersoais e estratexias para resolver conflitos. 

-     Desenvolve a tolerancia, o respecto, a flexibilidade e a apertura cara os demais. 

-     Diminúe os sentimentos de illamento de cara á aprendizaxe. 

-     Este tipo de traballo educa en valores de cooperación, solidariedade e xenerosidade.

Co fin de que esta Aprendizaxe Cooperativa se desenvolva, lévanse a cabo diferentes técnicas, que non solo potencian o traballo en grupo dun xeito global, senón que garanten que dito traballo se converta en cooperativo e os obxectivos propostos se acaden.

GLOBALIDADE E INTERDISCIPLINARIEDADE

Outro dos principios metodolóxicos que rexen o noso traballo son a globalidade e a interdisciplinariedade, que fan que os contidos que se tratan nas diferentes materias estean relacionados co resto de materias e co quefacer diario do alumnado, e así todo aquilo que aprende lle resulte de utilidade no seu entorno socio cultural, que por outro lado a docencia debe ter sempre moi en conta.

No actual modelo educativo non se entende o traballo de área como unha disciplina inconexa, senón que os lazos entre as diferentes disciplinas que integran o currículo deben ser palpables, e isto é o que consideramos un principio de globalidade que ademais actúa como lazo de unión con todo o entorno que rodea ao alumno.